Emma Goldman

alt= Emma Goldman, nada en Kaunas (daquela, chamada ''Kovno),'' Imperio Ruso, o 27 de xuño de 1869 e finada en Toronto (Canadá) o 14 de maio de 1940, foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa. Tivo un papel fundamental no desenvolvemento da filosofía anarquista da primeira metade do século XX en América do Norte e Europa e introduciu ideas feministas no pensamento anarquista.

De orixe lituana, en 1885 emigrou a Nova York onde coñeceu o anarquismo, o que adoptou como ideoloxía trala revolta de Haymarket. En Nova York, Goldman converteuse nunha ensaísta e escritora de sona da filosofía anarquista e anticapitalista e redactou artigos sobre a emancipación da muller, os problemas sociais e a loita sindical. Ela mais o tamén escritor anarquista Alexander Berkman, o seu amante e compañeiro de toda a vida, planearon o asasinato de Henry Clay Frick como un acto de propaganda polo feito. Aínda que Frick sobreviviu ó ataque, Berkman foi condenado a vinte anos de cadea. Goldman foi arrestada varias veces por "alentar motíns" e pola distribución ilegal de información sobre a anticoncepción. En 1906, Goldman fundou o xornal anarquista ''Mother Earth'' (en galego, ''Nai Terra'').

En 1917, Goldman e Berkman foron condenados a dous anos de prisión por conspirar para "inducir as persoas a fuxir" do servizo militar obrigatorio, que se establecera había pouco tempo nos Estados Unidos. Tras ser liberados da prisión, foron detidos de novo xunto con centos doutros progresistas e, a seguir, Emma foi deportada a Rusia durante a Revolución rusa. Inicialmente, simpatizou coa revolución bolxevique, mais decontado expresou a súa oposición ó uso da violencia por parte dos soviets e a represión das voces independentes. En 1919, expulsada de novo dos Estados Unidos pola súa intensa actividade política retornou a Rusia, mais volveu abandonar o país por disentir do rumbo autoritario tomado polo goberno bolxevique. En 1923, escribiu sobre as súas experiencias entre os bolxeviques, que forman o libro ''My Disillusionment in Russia'' (en galego, ''A miña desilusión con Rusia''). Pasou uns anos en Inglaterra, Canadá e o sur de Francia , onde escribiu a súa autobiografía ''Living My Life'' (en galego, ''Vivindo a miña vida''). Ao comezo da Guerra Civil española, en 1936, con máis de 60 anos, viaxou a España para apoiar a revolución anarquista.

Ao longo da súa vida, Goldman foi celebrada polos seus admiradores como libre pensadora e "muller rebelde", e ridiculizada polos seus opoñentes como defensora do asasinato de políticos e de revolucións violentas. Os seus escritos e conferencias abranguen unha gran variedade de temas, incluíndo o sistema penal, o ateísmo, a liberdade de expresión, o militarismo, o capitalismo, o matrimonio e a emancipación da muller. Ademais, desenvolveu novas maneiras de incorporar políticas de xénero no anarquismo.

Tras décadas de escuridade, na década de 1970, a vida e obra de Emma Goldman volveron facerse coñecidas na medida que as académicas feministas e anarquistas se foron interesando pola súa figura. Este interese deu lugar a unha nova onda de divulgación do seu legado, con publicacións dos seus artigos e reedicións dos seus libros, e con citas e imaxes súas estampadas en camisetas e carteis. Atribúenselle varias frases rechamantes do anarquismo, entre elas a famosa frase capaz de definir de maneira simple a idea anarquista da liberdade:

Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 21 for search 'Goldman, Emma', tempo de consulta: 0.01s Refine Results1
  1. 1

    Por Goldman, Emma, Drinnon, Richard
    Date [1969?]
  2. 2
  3. 3

    Por Goldman, Emma
    Date 1978-1979
  4. 4

    Por Goldman, Emma
    Date 1924
  5. 5
  6. 6
  7. 7
    Bibliotheek Jean De Roose
    Por Goldman, Emma
    Date 1966
  8. 8
    Fonds Suzan Daniel (FSD)
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Zie CD-ROM 'Anarchy is Order'
    Por Goldman, Emma
    Date 1977
  9. 9

    Por Goldman, Emma
    Date 1982
  10. 10
  11. 11
    Ontleend aan de bundel Anarchism and other essays, New York, 1910
    Por Goldman, Emma
    Date 1978
  12. 12
    Bibliotheek François Vercammen
    Por Skirda, Alexandre, Serge, Victor, Goldman, Emma
    Date 1973
  13. 13
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Sommige hoofdstukken zijn van : 'My disillusionnment in Russia' Emma Goldman ; New York: ...

    Descrición completa


    Por Goldman, Emma
    Date 1923, 1925
  14. 14
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Zie CD-ROM 'Anarchy is Order'
    Por Goldman, Emma
    Date 1924
  15. 15
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    zie CD-ROM 'Anarchy is Order'
    Por Goldman, Emma
    Date 1914
  16. 16
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Zie CD-ROM 'Anarchy is Order'
    Por Goldman, Emma
    Date 1913
  17. 17
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Originele titel : "Trotsky proteste beaucoup trop"
    Zie CD-ROM 'Anarchy is Order' ...

    Descrición completa


    Por Goldman, Emma
  18. 18
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Zie CD-ROM 'Anarchy is Order'
    Por Goldman, Emma
  19. 19
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Uit : "Anarchism and Other Essays" / Emma Goldman
    Zie CD-ROM 'Anarchy is Order' ...

    Descrición completa


    Por Goldman, Emma
    Date 1911
  20. 20
    DIGITAAL TE RAADPLEGEN IN DE LEESZAAL
    Uit : " Anarchism and Other Essays’ / Emma Goldman .- Second Revised Edition. .- ...

    Descrición completa


    Por Goldman, Emma
    Date 1911