Rosa Luxemburg

Rosa en 1895. Rosa Luxemburg (en polaco: Róża Luksemburg e tamén Rozalia Luxenburg), nada en Zamość (Imperio Ruso) o ou 1870 e finada en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi unha militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá.

Foi membro do partido da Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (SDKPiL), do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) e do Partido Comunista de Alemaña (KPD).

En 1915, debido ao apoio prestado polo SPD á participación alemá na primeira guerra mundial, ela, xunto con Karl Liebknecht fundaron a Liga Espartaquista (''Spartakusbund'') que posteriormente se convertería no Partido Comunista Alemán.

Durante a Revolución Alemá de 1918 fundou o xornal ''Die Rote Fahne'' (''A Bandeira Vermella''), que se converteu no órgano central do movemento espartaquista. Publicou diversas análises e ensaios noutros xornais da época, como o ''Leipziger Volkszeitung'' e ademais, foi autora de múltiples libros, dos cales destaca ''Die Akkumulation des Kapitals'' (en galego, ''A acumulación do capital''), e tamén ''Sozialreform oder Revolution?'' (en galego, ''Reforma ou Revolución'') (1899), ''Massenstreik, Partei und Gewerkschaften'' (en galego, ''Folga de masas, partido e sindicato'') (1906), e ''Die russische Revolution'' (en galego, ''A revolución rusa'') (1918), no cal critica construtivamente á mesma e sostén que a maneira soviética de facer a revolución non pode ser universalizada para tódalas latitudes.

Viu o levantamento espartaquista producido en 1919 como unha equivocación, porén, chegou a apoialo máis tarde. Cando o goberno socialdemócrata, xunto cos Freikorps (soldados que participaran na primeira guerra mundial, e que se organizaron en grupos paramilitares), acabaron coa revolta, Luxemburg, Liebknecht e outros dos participantes foron detidos e asasinados. Luxemburg recibiu un disparo e o seu corpo foi guindado ao Landwehrkanal, en Berlín.

As súas ideas inspiraron tendencias da esquerda comunista e deron orixe ''a posteriori'' á corrente intelectual coñecida baixo o nome de luxemburgismo. A herdanza de Rosa Luxemburg foi reivindicada no entanto, de maneira contraditoria, por movementos políticos moi diferentes.

Debido ás súas críticas tanto ás escolas leninista coma ós máis moderados socialdemócratas do socialismo, Luxemburg tivo unha acollida ambivalente entre os académicos e teóricos da esquerda política. Con todo, Luxemburg e Liebknecht foron idolatrados como mártires comunistas polo réxime comunista da Alemaña do Leste.

O seu traballo, tanto no eido teórico como práctico, para a consecución dun socialismo democrático internacional, en contra do militarismo e da guerra, é considerado hoxe en día por moitos un modelo a seguir. Dende 1996, un domingo a mediados de xaneiro celébrase cada ano, en Berlín, o día de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, en lembranza do asasinato dos dous dirixentes comunistas o 15 de xaneiro de 1919, e a Oficina Federal para a Protección da Constitución alemá indica que a idolatría por eles é unha importante tradición da extrema esquerda alemá. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 83 for search 'Luxemburg, Rosa', tempo de consulta: 0.01s Refine Results1
  1. 1
    Bibliotheek François Vercammen
    Por Luxemburg, Rosa
    Date 1972
  2. 2
    Opnieuw uitgegeven door het Executiv-Komitee van de Kommunistischen Jugendinternationale
    Por Luxemburg, Rosa
    Date 1927
  3. 3
  4. 4
  5. 5

    Por Luxemburg, Rosa
    Date [s.a.]
  6. 6
  7. 7
  8. 8

    Por Luxemburg, Rosa
    Date 1925
  9. 9
    S/96/094
    Por Luxemburg, Rosa, Basso, Lelio
    Date 1977
  10. 10
    Fonds Perrone
    Por Luxemburg, Rosa
    Date 1922
  11. 11
  12. 12

    Por Luxemburg, Rosa
    Date 1909
  13. 13
  14. 14

    Por Luxemburg, Rosa, Bracke
    Date 1968
  15. 15
  16. 16

    Por Luxemburg, Rosa
    Date 1970
  17. 17
  18. 18
    Fonds Perrone
    Por Luxemburg, Rosa, Bracke
    Date 1946
  19. 19
    Fonds Perrone
    Heruitgave van een verzameling artikels uit 1899 en 1904, voor het eerst uitgegeven bij Nouveau Promethée in 1934 ...

    Descrición completa


    Por Luxemburg, Rosa, Laurat, Lucien
    Date 1946
  20. 20
    Bibliotheek François Vercammen
    Fonds Perrone
    Bevat: Karl Marx / Friedrich Engels. A la mémoire des combattants de juin. Les révolutions de ...

    Descrición completa


    Por Engels, Friedrich, Marx, Karl, Luxemburg, Rosa, Riazanov, D.
    Date 1969